BAMAD GALICIA

Inicio » Formación » Xornadas e Congresos

Category Archives: Xornadas e Congresos

Obradoiro de mediación lectora en bibliotecas 2018

Obradoiro de mediación lectora para persoal de bibliotecas

O Salón do Libro de Pontevedra realiza este ano o I Congreso Internacional de Mediación Lectora entre o 19 e 21 de abril, cun amplo programa de actividades.

Dentro das actividades do congreso ofrécese unha actividade específica de animación nas bibliotecas impartido por Soledad Felloza o sábado 21 de abril.

  • Obradoiro integrado, como formación específica para persoal de bibliotecas, no I Congreso Internacional de Mediación Lectora: Mulleres de Conto que se celebra dentro do Salón do Libro de Pontevedra do 19 ao 21 de Abril.
  • Modalidade: Presencial (Salón do Libro de Pontevedra)
  • Datas: 21 Abril
  • Prazas: 20
  • Horas: 4h.
  • Prezo: gratuíto (prioridade membros de Bamad até o 2 de abril)
  • Obxectivos: Coñecer actividades de dinamización lectora aplicables ás bibliotecas. Coñecer ferramentas de dinamización á lectura. Coñecer métodos e dinámicas de dinamización á lectura.
  • Programa
  • Matrícula electrónica

Programa do Congreso:

Programa do Obradoiro:

Advertisements

A Xestión Cultural como espazo profesional

Foro de Debate “A Xestión Cultural como espazo profesional”

Bamad Galicia foi convidada a participar neste Foro de debate que se celebrará en Lugo entre o 27 e 29 de setembro. En representación de Bamad asistirá a presidenta, Olimpia López Rodríguez, que participará nos bloques de debate sobre os Perfís Profesionais e O Futuro profesional no eido das industrias e a xestión cultural previsto para o día 28 de setembro.

O Foro contempla contar cunha ampla representación de profresionais que traballan desde diferentes ámbitos da cultura en Galicia e, ao mesmo tempo, favorecer que o debate e intercambio de ideas sexa fluído e proveitoso para todos os participantes. Por este motivo o Foro desenvolverase ao longo de tres xornadas participando cada entidade/empres e profesionais un só día de debate.

O Foro celebrarase durante os días 27, 28 e 29 de setembro de 2017 na Facultade de Humanidades do Campus Terra (Av. Filarmónica Lucense s/n. 27.002, Lugo).

Máis información:

I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas

Bibliotecas de Fronteira na Fronteira do Futuro

seminario

O Município de Valença no âmbito das comemorações do 10.º aniversário da Biblioteca Municipal de Valença (novo edifício) e em parceria com a BAD, Associação Portuguesa de Bibliotecários, Arquivistas e Documentalistas, e BAMAD GALICIA, Asociación de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia, vai promover o I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas, que irá ter lugar em Valença, no dia 29 de Maio.

Pela segunda vez em Valença, no âmbito da biblioteconomia, especialistas portugueses e galegos, vão trocar experiências e boas práticas, comparar metodologias e métodos de trabalho, estabelecer pontes para futuras parcerias e projetos em conjunto. Nesta nova edição será também dada especial atenção ao trabalho em rede, aos desafios do mundo digital e ao papel social das bibliotecas.

Tendo em vista apresentar um conjunto diversificado de opiniões e contributos, convidamos a todos os profissionais da informação dos dois lados da fronteira a participar no referido Seminário, para mais informações e inscrições ver: http://bibliotecasdefronteiranafronteiradofutur.weebly.com/

 

Por parte galega participarán:

  • Cristina Rubal Gonzaléz, Subdiretora Xeral de Bibliotecas da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, “Situación das bibliotecas públicas galegas: unha aproximación a súa realidade”
  • Consuelo Meiriño Sanchez, Serviço de Sistema de Bibliotecas da Xunta da Galiza, “Actuacións innovadoras na rede de de bibliotecas públicas de Galicia: presente e futuro” 
  • Isabel Blanco, Rede de Bibliotecas da Coruña, “Nuevos tiempos, nuevas direcciones: como afronta la RBMAC los desafíos de la sociedad actual”
  • Anxo Alberto, Biblioteca Xosé Neira Vilas (Vigo) “Papel social das bibliotecas”

Programa

 

%d bloggers like this: