BAMAD GALICIA

Inicio » Publicacións (Páxina 2)

Category Archives: Publicacións

Advertisements

Boletín número 9 de ANABAD-Galicia

O pasado 2 de Xuño celebramos o XXX Aniversario de ANABAD-Galicia. Poucas entidades, nos tempos que corren, poden presumir de ter unha vida tan dilatada no tempo. Con épocas mellores e piores para o asociacionismo en xeral, e para Anabad en particular, podemos congratularnos de termos chegado até aquí.

É evidente que queda moito por facer para a dignificación e o recoñecemento das nosas profesións. Pero tamén é certo que ANABAD-Galicia ten feito un traballo continuado en prol da mellora profesional e do recoñecemento da administración do noso traballo e da mellora dos servizos da memoria para a cidadanía.

Sen a existencia de ANABAD-Galicia, e sen a persistencia das mulleres e homes que formamos parte desta Asociación, a evolución e o desenvolvento de normas, leis, regulamentos, etc. terían sido menos participativas e menos abertas ás correntes de modernidade que atravesan as nosas profesións que, moitas veces, van por diante do que a administración desexaría e  serven para dar a coñecer os servizos que se deben prestar á cidadanía.

Desexamos ofrecervos, neste número especial do boletín, un resumo do que foi a Xornada de convivencia que pasamos o día 2 de Xuño e, polo seu especial interese, reproducimos os discursos de homenaxe a Carlos Guitián,  condecorado coa Medalla da Federación ANABAD, do discurso de agradecemento de Carlos Guitián, e o repaso da Historia de ANABADGalicia, realizado por Pedro López.

Esperamos que sexa do voso interese e desexamos animarvos a seguir participando da Asociación para que entre todas e todos podamos celebrar outros 30 anos.

Boletín 09/2012

Advertisements

Boletín número 8 de ANABAD-Galicia

Neste novo Boletín dámos conta dos seguintes temas:

  • Xornadas Muller e Historia adicadas a Olga Gallego Domínguez, por Mª Carmen Pérez Pais
  • Lecturas Refrescantes: Premio María Moliner 2011 á Biblioteca de Oleiros, por Mª Luz Corral
  • Entrevista cos membros da nova Xunta Directiva
  • Noticias e Comunicados:

                   Asembleas de Anabad-Galicia
                   XXX Aniversario de Anabad-Galicia
                   Campaña Eu Amo as Bibliotecas Públicas
                   Premios Irmandade do Libro

  • Formación
  • Grupo de Traballo de Competencias Profesionais

 

Boletin de ANABAD-Galicia, n. 7

Neste número contamos cos seguintes artigos:

Arxivers sense Fronteres é unha ONG que colabora no desenvolvemento de proxectos de cooperación e solidariedade no ámbito da xestión arquivística e do patrimonio documental.  Os valores de identidade, memoria, dereito á información e defensa dos dereitos humanos sustentan o traballo da entidade. Neste boletín o seu vicepresidente, Ricard Ibarra, fai un chamamento á participación dos profesionais galegos nesta entidade.

Sempre é boa noticia poder presentar unha nova biblioteca, neste caso damos a benvida á BPM Xosé Neira Vilas de Vigo. Os responsables da mesma, Anxo Alberte Gil e Noelia Candal Suárez, preséntannos o centro e as actividades nos seus primeiros meses de andamento.

No 2011 celébrase o Centenario do nacimento de Álvaro Cunqueiro, Pedro López Gómez, fainos un repaso por esta efeméride e preséntanos a Exposición itinerante sobre a vida e obra deste autor.

Ferrol foi a sede da realización do X Congreso de ISKO que coincidiu co 20º aniversario do capítulo español desta organización. Mª Carmen Pérez Pais e María González Bonome, dúas das organizadoras do congreso, narran con detalle o acontecido no congreso.

Nas noticias aproveitamos para dar a coñecer as novas ferramentas sociais de comunicación de ANABAD-Galicia que procuran ofrecer unha maior presenza na rede, unha maior comunicación cos nosos asociados e unha mellor difusión das nosas actividades.

Por último anunciamos as próximas actividades de Formación de ANABAD-Galicia no último trimestre do ano: Introdución á preservación dixital en bibliotecas e Introdución aos esquemas de Metadatos.

Pódese descarregar o boletín completo desde esta ligazón ou premendo na imaxe.



%d bloggers like this: