BAMAD GALICIA

Inicio » Colabora » Asóciate

Asóciate

BAMAD Galicia está aberta a:

  • As persoas Diplomadas, Graduadas e Licenciadas en Arquivísticas, Museoloxía, Biblioteconomía e Documentación.
  • Todas aquelas persoas que  exerzan funcións técnicas e profesionais en Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ou organizacións relacionadas con estes servizos, radicadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Como socios institucionais os Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ubicados no territorio da Comunidade Galega así como a calquera outra organización que desenvolva a súa actividade nestes campos.
  • Como socios protectores aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten á Asociación unha eficiente axuda moral ou material a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asamblea Xeral.
  • Como socios honorarios aqueles que se destacaren polos seus relevantes méritos culturais, científicos ou técnicos en relación cos Arquitos, Bibliotecas, Museos e cos Centros de Documentación de Galicia, que sean acreedores de ser recibidos na Asociación como tales a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asemblea Xeral.

Motivos para asociarse a BAMAD Galicia:

Pola Formación: O noso programa contempla a realización de media ducia de actividades formativas ao ano con descontos, e algunha gratuíta, para persoas asociadas.

Ademais as persoas asociadas a Bamad Galicia poderán contar con descontos de socios  nas actividades formativas das asociación federadas en Fesabid e na CAA (Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros).

Pola Información:

Realizamos seguimento periódico das noticias que nos afectan: convocatorias de oposicións, noticias de interese, lexislación… Noticias que difundimos entre as persoas asociadas.

Pola Defensa da Profesión:

Porque estamos pendentes de que se cumpran as leis. Opinamos sobre decisións tomadas polos organismos públicos e dirixímonos ás institucións cando é necesario opinar, reclamar ou suxerir sobre asuntos que nos afectan.

Pola Forza:

Porque xuntos temos máis forza á hora de poder ofertar máis e mellores servizos e para podermos facer unha mellor defensa da profesión.

 

Asóciate!

Podes asociarte neste formularioO custe anual da cota normal é 60€ e de 30€ para persoas desempregadas e menores de 30 anos.

E se isto non che convence podes enviarnos as túas suxestións sobre como mellorarmos a bamadgalicia@gmail.com

E se xa és unha persoa asociada, podes enviarlle esta información a persoas coñecidas e amizades que poidan ter interese en formar parte de BAMAD Galicia.

Anímate a participar!

 


4 Comentarios

  1. Eva di:

    Buenas tardes, actualmente no trabajo cómo bibliotecaria, pero si trabaje, igualmente puedo asociarme, muchas gracias.
    Mi cv.
    https://tejueleando.com/cv/

    • Boa tarde: grazas polo interese. Efectivamente podes asociarte se o desexas. Como indica nos estatutos:

      Poderán ser persoas socias numerarias:
      As persoas que estuden ou teñan titulación de diplomatura, grao, licenciatura, postgrao ou mestrado en Biblioteconomía, Documentación, Arquivística, Museoloxía e Ciencias da Información e da Documentación.
      Todas aquelas persoas que exerzan ou estexan interesadas en exercer funcións técnicas e profesionais para Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ou organizacións relacionadas con estes servizos.

      Ofrecemos a posibilidade de cuota normal (60€) para todas as persoas empregadas ou maiores de 30 anos, e a cuota reducida (30€) para aquelas persoas desempregadas eou menores de 30 anos. Podes descargar a ficha de inscrición en: https://www.dropbox.com/s/satb0pp01prrq8y/Ficha_Inscricion_Bamad.pdf?dl=0 e para calquera dúbida dirixirte ao email: bamadgalicia@gmail.com

  2. María Carmen di:

    Boa tarde,

    Se me permiten, deixarei unha pregunta:
    Estou sopesando asociarme a Bamad e estou lendo a información desta web pero non atopo en ningún apartado o importe da cuota de socio.

    Grazas pola súa atención e información.

    Un saúdo
    carmela

    • Grazas por informarnos. A verdade é que tíñamos anunciado as cuotas varias veces e publicado algunha noticia ao respeito pero, efectivamente, non figura en ningún lugar visible desta sección a cuota de asociación.
      Acabamos de cambiar a sección de asociarse e agora figuran as cuotas e outras ventaxas de ser membro de Bamad.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s