BAMAD GALICIA

Certificación Profesional en Bibliotecas

As Bibliotecas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS): Axenda 2030 da ONU

Dereito a Ler en Electrónico

The Lyon Declaration

BAMAD Galicia entre os asinantes da Declaración

Non ao empréstimo de pago

Eu Amo as Bibliotecas Públicas

Memoria Actividades Bamad Galicia 2019

Presentación da Memoria de actividades 2019 de Bamad Galicia

Preme na imaxe para acceder ao contido completo da Memoria de actividades

 

Memoria anual de actividades da Asociación de profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia, Bamad Galicia, correspondente ao ano 2019.

Presentamos a Memoria anual de actividades e económica da Asociación de profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia, Bamad Galicia, correspondente ao ano 2019. Como en anos anteriores, os eixos de traballo foron: a defensa das nosas profesións, a realización de actividades formativas e o contacto coas persoas asociadas.

 

Medios de comunicación:

En 2019 avanzamos na presenza social aumentando o número de seguidores nas redes sociais e aumentando tamén o número de lectores, visitas e seguidores no blogue. Voltamos a ter algunha presenza nos medios de comunicación coa publicación da nosa opinión e comunicados sobre diferentes temas profesionais.

A nosa imaxe e comunicación cara ao exterior mantivémola a través do blogue, de facebook e twitter. Aumentou con respecto a 2018 o número de artigos publicados a través do blogue que sen embargo non é o lugar onde máis xente nos sigue, ao contrario do seguimento nas redes sociais que continúa a aumentar. A páxina de Facebook, crece pouco a pouco en seguidores e no Twitter temos moita presenza malia que non ofrecemos un traballo de difusión continuo nas redes. Temos que destacar neste aspecto que o aumento é considerable ao contarmos cunha persoa directiva encargada das Redes sociais.

 

Defensa da Profesión:

Ante a defensa das nosas profesións foi un ano intenso de seguimento de actuacións de algunhas administracións, principalmente a local, dirixímonos a varios concellos reclamando actuacións ante as convocatorias de prazas de persoal de arquivos e bibliotecas. Temos que sinalar que persoal de varios concellos se dirixiu a nós pedíndonos asesoramento ante a convocatoria de prazas o que indica que as nosas reclamacións e propostas acaban sendo recoñecidas.

Neste mesmo tema, participamos activamente do Grupo de traballo de Defensa da Profesión de Fesabid cuxo informe foi presentado nas Jornadas Españolas de Información e Documentación 2019, en Barcelona o 16 de maio. O grupo realizou unha xornada formativa en decembro coa finalidade de ampliar o grupo coa creación dun Observartorio da profesión.

No tema da Defensa da profesión destaca a iniciativa de dúas persoas socias de incidir en que a administración acredite as competencias profesionais en bibliotecas. Esta actividade levouse adiante durante todo o ano e continuará en 2020 coa finalidade de que o Instituto Galego das Cualificación convoque esta certificación profesional. Contamos coa colaboración do Servizo de Bibliotecas da Xunta que nos apoian nesta demanda e temos que agradecer a cantidade de persoas e bibliotecas que colaboraron con nós na recollida das preinscricións para participar no proceso de certificación profesional.

Temos que destacar que realizamos unha serie de propostas aos partidos políticos antes as convocatorias electorais estatais e municipais de 2019.

 

Colaboración Institucional:

Participamos activamente dos Consellos de Cooperación Bibliotecaria, Asesor do Libro e da Lectura e do Consello de Arquivos.Colaboramos activamente co Servizo de Bibliotecas xa que enviamos propostas de melloras para a convocatoria do Premio de Innovación Bibliotecario, enviamos tamén propostas de actividades formativas para organizar desde a Rede. Presentamos no Consello de Bibliotecas un Documento con Propostas para a Mellora da Rede de Bibliotecas. Colaboramos tamén co Servizo do Libro na proposta de calendario do Libro e da Lectura.

 

Ofertas de emprego e bolsas de emprego e formación:

Incrementamos a difusión de ofertas laborais o que quere dicir que nestes últimos anos existe unha maior demanda das nosas especialidades e, ao mesmo tempo, a nosa presenza social incidiu en que varias empresas realizaran ofertas de emprego directamente a través de Bamad para difundir entre as persoas socias.

 

Formación:

En 2019 realizamos catro actividades formativas. Ofertamos tres actividades gratuítas, unha para todas as persoas interesadas (grazas á colaboración por cuarto ano co Salón do Libro de Pontevedra), outra para persoas socias, e unha última, coa Fegamp, dirixida a persoal dos concellos.

O Servizo de Bibliotecas organizou as II Xornadas de Bibliotecas públicas de Galicia: bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e todos e o II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, na primeira actividade colaboramos difundindo a actividade e no premio fomos convidados a participar no xurado do mesmo e realizamos propostas de mellora da convocatoria e da avaliación do Premio.

 

Persoas socias:

De novo as persoas asociadas a Bamad poden desgravar ante facenda na declaración do IRPF de 2019 a cota da asociación. O mantemento da declaración da utilidade pública da asociación implica un maior traballo administrativo para poder facer frente á documentación que se require anualmente ante o rexistro de asociacións e facenda.

Relacionámonos coas persoas asociadas a través do correo electrónico, as redes sociais e o blogue. Intentamos que a transparencia sexa un dos nosos eixos principais de traballo e informar puntualmente de todas as actuacións da Asociación realizadas desde a Directiva. Mantemos comunicación puntualmente con persoas non socias a través de lista de información xeral. Pero esta liña estase utilizando cada vez menos ante a difusión nas redes sociais. Mantemos en exclusividade a información de ofertas de emprego só para persoas socias.

Neste ano aumentou o número de persoas asociadas, houbo máis altas que baixas, acadando as 170 persoas socias. Sabemos que son tempos difíciles, que costa implicarse, asociarse e participar, pero entendemos que é necesario, polo que seguimos traballando para contar con máis persoas asociadas e máis persoas implicadas na vida da asociación.

Neste aspecto temos que destacar a implicación de novas persoas asociadas que, sen estar na directiva, colaboran coa asociación aportando o seu tempo e traballo, polo que estamos enormemente agradecidos.

 

A Xunta Directiva

Febreiro 2020

Visita de Bamad á exposición Galicia: un relato no mundo.

Visita de Bamad á exposición Galicia: un relato no mundo.

O día 15 de febreiro tivo lugar a xuntanza ordinaria de Bamad na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que contou coa asistencia da directiva de Bamad e de algún socio/a interesado/a. Realizouse a aprobación da acta da anterior xuntanza, e a presentación da memoria coas actividades anuais realizadas, dos cursos que se levarán a cabo ao longo e dos orzamentos previstos.

Despois da comida de confraternización, asistimos á exposición Galicia: un relato no mundo que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualizade. Enmárcase como a primeira das tres grandes exposicións que se levarán a cabo con motivo do Xacobeo 2021.

A mostra ofrece a posibilidade de coñecer de preto obras coma a Biblia Kennicott – unha biblia xudía feita no s. XV na Coruña e que permaneceu desaparecida despois da expulsión dos xudeus polos Reis Católicos ata que se atopou no s. XIX e se conserva na actualidade en Oxford- ; a Santa de Asorey – obra que escandalizou á sociedade cando se exhibiu na Exposición Nacional de Belas Artes en el Madrid de 1926 e que anos despois adquiriu Casa de Galicia de Montevideo (Uruguay) en 1951. Chegan por primeira vez a Galicia obras coma Libro das Invasións – primeira mención coñecida a Breogán- ; o Cancioneiro da Vaticana – peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa- o Mapa de Sawley, considerado un dos primeiros mapamundi enciclopédicos europeos que na época do Pórtico da Gloria (s. XIII) representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa.

Deixámosvos as fotos da visita que recomendamos que fagades, tanto polas magníficas pezas que alberga coma polas historia e lendas que as rodean e que nos explicaron de xeito moi ameno. Grazas a todos/as por asistir!!

Directiva de Bamad e socios participan na asamblea.

Visita guiada á exposición.

Guerreiro de Lesenho.

Códice Calixtino

Santa, de Asorey.

Curso de Preparación de supostos prácticos para Axudantes de Biblioteca

Curso de Preparación de supostos prácticos para Axudantes de Biblioteca

 

  • Impartido por Yolanda Diéguez Méndez e Sara Martínez Cardama
  • Modalidade: On-line
  • Datas: 24 de febreiro a 12 de abril
  • Horas: 40h.
  • Prazas: 25
  • Prezo: Socios 90€ / Non socios 130€
  • Obxectivos: Aprender de forma práctica a realización de supostos de catalogación, procuras bibliográficas e apoio na busca de información e referencia documental
  • Programa
  • Programa completo e CV
  • Matrícula

Formación 2020

Arquivo

Calendario do Libro e da Lectura 2020

A %d blogueros les gusta esto: